
O Dicionario Estraviz define Sorregueira como un “pequeno canellón divisorio entre casas habilitado para a drenaxe en ausencia de tubaxes”. Na Galicia das aldeas concentradas onde nacín, as sorregueiras cumprían unha función comunitaria, facilitaban a drenaxe de auga e incluso, a quen por elas coubese, servían de espazo para xogar. A Sorregueira é unha canle, unha poderosa metáfora de comunicación, de vasos comunicantes entre espazos, no meu caso, entre o lingüístico e outras da Cultura, e máis concretamente a Historia e a Antropoloxía. A Sorregueira verte en dous mares, o da Cultura e o da Tradución, nunha especie de xogo de palabras co Cultural e o Tradicional.